Subvención directa para os inmóbeis baleiros durante polo menos un ano, e compatíbel coa axuda xa existente de até doce mil euros.
A Consellaría de Vivenda e Solo vai conceder subvencións directas de seis mil euros aos propietarios que decidan incorporar un inmóbel ao Programa de Vivenda en Aluguer, sempre que este leve baleiro durante polo menos un ano.
Esta subvención, aprobada no Consello da Xunta desta semana, é compatíbel coa xa existentes (de até doce mil euros) para efectuar obras de mellora nas vivendas e ás que tamén poden optar as vivendas que leven baleiras menos dun ano.
De vivenda libre a protexida
Por outra banda, redúcese de dous a un ano o prazo para que unha vivenda libre de nova construción poida ser cualificada como protexida -sempre e cando cumpra os requisitos de prezo e superficie-, logo de que o Consello de Goberno aprobase unha modificación no decreto que estabelece as axudas do Plan de Vivenda 2005-2008.