Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Equipo parlamentario do PPdeG

Daniel Varela pilotará a comisión de Ordenación Territorial e Agustín Baamonde a Institucional

As deputadas luguesas do PP Raquel Arias e Susana López presidirán as comisións parlamentarias de Medio Rural e Educación e Cultura.

Redacción - 12:00 13/04/2009

O voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, fixo público este luns a relación de candidaturas do seu partido para presidir as diferentes comisións da Cámara. Os populares farán valer a súa maioría absoluta para acapararen a presidencia de todas elas agás a da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, onde é tradición reservar o cargo para a oposición parlamentaria.

Na relación de nomes, Ruíz Rivas destaca que o seu partido, logo de consultar as preferencias de cada un dos deputados, elixiu outorgarlle a responsabilidade da presidencia a aqueles representantes "con acreditada experiencia parlamentaria" e optar para as vicepresidencias das comisións por deputados que se incorporan nesta VIII Lexislatura. Segundo o voceiro parlamentario do PP, trátase dunha estratexia "predefinida" e pensada para "crear canteira nas filas do Grupo Popular".

A lista completa:

  • Comisión 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior: presidencia para Agustín Baamonde Díaz


  • Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos: presidida por Daniel Varela Suanzes-Carpegna


  • Presidencia da Comisión 4ª, de Educación e Cultura: Susana López Abella


  • Presidencia da Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego: Miguel Santalices Vieira


  • Presidencia da Comisión 6ª, de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo: Alberto Sueiro Pastoriza


  • Presidencia da Comisión 7ª, de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes: Raquel Arias Rodríguez


  • Presidencia da Comisión 8ª, de Pesca e Marisqueo: Marta Rodríguez Arias


  • Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa de control da CRTVG: Ignacio López-Chaves Castro


  • Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas: Pedro Puy Fraga


  • Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa para Asuntos Europeos: Beatriz Mato Otero


  • Na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, o PPdeG estará representado por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda Valenzuela, Pilar Rojo Noguera, Jose Manuel Baltar Blanco, Carmen Pardo López, Jose Manuel Balseiro Orol, Susana López Abella, Manuel Ruiz Rivas, Diego Calvo Pouso, Pedro Puy Fraga e Marta Rodríguez Arias.


1,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: