Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A vindeira semana

Un cento de estudantes do Bierzo visitan Galiza para entrar en "contacto directo" coa nosa lingua

Xa falan galego, mais veñen, dentro dun seu programa de estudos, a coñecer a "realidade cultural" do noso país.

Redacción / EP - 15:00 11/04/2009

A partir da vindeira segunda feira, mais dun cento de estudantes de primaria e secundaria da Comarca do Bierzo comezarán unha visita por Galiza, dentro do programa de estudos de Lingua Galega que realizan nos seus colexios e institutos.

A viaxe de estudos, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da colaboración entre o Goberno Galego e a Junta de Castela e León, está encamiñada a "facilitar a aprendizaxe do galego" nas zonas nas que xa se fala a nosa lingua das provincias de León e Zamora, así como achegar o estudantado destas vilas á realidade sociolingüística e cultural de Galiza, promovendo o contacto directo coa nosa lingua, ao tempo que se amosan algunhas das pezas do patrimonio cultural galego.

Os 113 cativos e cativas -de entre 10 e 12 anos-; e os mozos e mozas -de entre 13 e 17 anos-, que participan nesta viaxe, que virán acompañados dunha decena de profesores, estudan en 12 centros educativos das localidade de Vilafranca do Bierzo, Cacabelos, Ponferrada, Camponaraia, A Placa, Toural dos Vaus, Toural de Meraio e A Ponte de Domingo Flórez.


5/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: