Estaba acusado polas matanzas de Barrios Altos e La Cantuta, en 1991 e 1992, e polos secuestros dun xornalista e un empresario nese mesmo último ano.
Alberto Fujimori, a semana pasada
O ex presidente peruano Alberto Fujimori foi declarado culpable este martes pola sala penal especial da Corte Suprema de Xustiza que o procesou por violacións dos dereitos humanos.
O presidente da sala, César San Martín, declarou que os cargos contra Fujimori están probados, "máis aló de toda dúbida razoábel".
Fujimori estaba acusado polas matanzas de Barrios Altos e La Cantuta, que deixaron 25 mortos en 1991 e 1992, e polos secuestros dun xornalista e un empresario en 1992.
San Martín precisou que o grupo militar encuberto Colina, autor material das matanzas, cometeu 50 asasinatos en 15 meses de actividade, e que o Goberno de Fujimori tratou de ocultar os feitos unha vez saíron á luz pública.