Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado

Beiras pecha en Santiago os encontros coa militancia do BNG

O líder do Encontro Irmandiño cerra así a xira de encontros polo país para analizar a "vixencia do asamblearismo".

Europa Press - 11:30 04/04/2009
Tags: Beiras BNG

O líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, pecha este sábado en Santiago de Compostela unha rolda de encontros mantidos coa militancia para abordar o futuro do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao respecto do proceso aberto tras os resultados dos comicios e debater sobre a "vixencia do asamblearismo" no seo da formación frentista.

Co deste sábado, que coincide o mesmo día da celebración na capital do Consello Nacional do BNG, Beiras rematará o seu percorrido polas cidades de Vigo, Lugo, A Coruña e Ourense.

Nun conmunicado enviado aos medios pola corrente beirista, sinálase que o propósito deste evento é "darlle voz á militancia" para abordar o "rumbo que debe tomar a organización" na súa liña política, así como nos principios ideolóxicos de comportamento e funcionamento da organización.

esta forma, sobre a mesa estarán temas como "a vixencia do asamblearismo, a defensa da democracia horizontal, a urxente resintonización cos movementos sociais do país ou a necesaria relación consubstancial entre nacionalismo e esquerda".

Este acto celebrarase cando xa estea aprobado o documento político da asemblea e o regulamento, polo que servirá para discutir sobre o proceso concreto de elección de delegados, así como dos resortes procedimentais que sirvan para "garantir unha Asemblea Nacional Extraordinaria o máis aberta e participativa posíbel".

Diverxencias sobre o regulamento
Precisamente, o Encontro Irmandiño é a única corrente que se desvinculou do texto oficial do regulamento que se debaterá este sábado e propuxo unha "redacción alternativa" ao documento que rexe o conclave de maio, no que propón un "censo preasambleario" para elixir os representantes da militancia.

Os irmandiños defenden que o Bloque "arbitre medidas regulamentarias complementarias para verificar no posíbel a asistencia" dos militantes que, ao seu xuízo, deben "inscribirse nun censo preasambleario nas comarcais".

As diverxencias esténdense ao artigo oito do regulamento, no que a versión oficial estipula 2.500 delegados para a extraordinaria, mentres que a segunda opción propón que sexa esa unha cifra "mínima" de representantes da militancia.


3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: