O xuíz que tramita o seu caso en Irlanda do Norte ditamina que o delito de 'enaltecemento do terrorismo' ten o seu equivalente no Reino Unido.
De Juana, este martes en Belfast
O xuíz encargado de tramitar nun tribunal de Irlanda do Norte o caso de Iñaki de Juana Chaos afirmou este martes que hai base legal para extraditar o ex membro de ETA, tal e como solicitou a Xustiza española, que o dun delito de 'enaltecemento do terrorismo'.
O maxistrado Thomas Burguess considera que o delito que se lle imputa ten o seu equivalente na lexislación británica, polo que deixa aberta a porta a unha posíbel extradición.
No entanto, o proceso xudicial permite agora ás partes recorrer en primeira instancia ante o Tribunal de Apelacións de Belfast e, se o consideran necesario, ante a Cámara dos Lores en Londres, a máxima instancia xudicial británica.