Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un aviso da Coordinadora Galega de ONG

"Non se conseguirá erradicar a pobreza se non se consegue xustiza para as mulleres"

Polo 8 de marzo a organización sinala que a crise mundial prexudica máis ás mulleres, xa que sofren en maior medida a precariedade laboral.

Redacción - 09:00 10/03/2009
Duranta a manifestación deste 8 de marzo, en Vigo, unha boneca lila di que a crise empeora as cousas / Imaxe: X. Rodríguez

Duranta a manifestación deste 8 de marzo, en Vigo, unha boneca lila di que a crise empeora as cousas / Imaxe: X. Rodríguez

Isto mesmo subliña o informe UNIFEM 2008/2009 (Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para as Mulleres), que tamén sinala que son as mulleres as que máis sofren "a pobreza e fame, debido á discriminación no acceso a servizos de educación, saúde e control de ben produtivos".

Segundo contan dende a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), lembrando o Día Internacional da Muller Traballadora, o impacto da actual crise financeira, sumado á crise alimentaria e enerxética, axuda a afundir máis na pobreza extrema ás mulleres.

De feito, as mulleres representan o 70% das persoas que sofren a pobreza extrema, xa que traballan o 80% da terra do planeta, pero a penas son propietarias do 1%. Lembrando isto, a Comisión de Xénero da CGONGD fai un chamamento para promover cambios estruturais e impulsar a equidade de xénero en "termos de distribución e acceso e control dos recursos". Nesta liña, pídenlle aos gobernantes que lle dean prioridade políticas de axuda ao desenvolvemento -incluídas as comerciais e de condenación da débeda, en favor dos dereitos das mulleres-; que traballen pola inclusión e participación activa das mulleres; que planifiquen "máis e mellor" axuda para financiar a erradicación da pobreza; e que traballen pola xustiza comercial contra o empoderamento social, económico e políticos das mulleres. Todo isto, recalcan, porque consideran "que a erradicación da pobreza non se acadará se non se consegue a equidade e xustiza para as mulleres".

A Comisión de Xénero da CGONGD
A Comisión de Xénero foi creada no seo da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento no ano 2007 e está constituída, na actualidade, por sete ONGD galegas. Nesta Comisión trabállase por promover a aplicar o enfoque de xénero dentro e fóra das propias Organizacións non Gobernamentais, mediante accións de sensibilización sobre a feminización da pobreza, o papel das mulleres no mundo e a promoción dun desenvolvemento equitativo e sustentábel.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: