Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IGREXA

O Vaticano di que a lavadora liberou á muller

A súa revista oficial rendeu unha homenaxe a este electrodoméstico no Día Internacional da Muller, destacando o papel desta máquina na emancipación feminina.

Redacción - 18:00 09/03/2009

Máis alá da pílula anticonceptiva, da incorporación laboral ou o acceso á educación, para a revista do Vaticano, Osservatore Romano, a verdadeira artífice da emancipación feminina é a lavadora. Así o asegura nunha reportaxe titulada "A lavadora e a liberación da muller. Pon o deterxente, pecha a tapa e reláxate", publicada con motivo da celebración do oito de marzo.

Na información, elaborada por unha muller (Giulia Galeotti) pregúntase: "no século XX, que foi o que tivo máis influencia na emancipación das mulleres occidentais?" E contesta: "o debate segue aberto. Algúns din que a pílula, outros a liberalización do aborto, ou mesmo traballar fora do fogar. Non obstante, outros van aínda máis lonxe e propoñen: a lavadora", asegura. A seguir, repasa a historia deste electrodoméstico, comezando cun modelo de 1767 en Alemaña e rematando nas lavanderías actuais, onde "unha muller pode tomar o café coas súas amigas mentres o tambor dá voltas".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: