Expertos en política e comunicación debaterán encol das causas e as consecuencias dos comicios en Galicia e en Euskadi.
O Col·legi de Politòlegs i Sociòlegs de Catalunya organiza unha táboa redonda coa intención de analizar os resultados electorais das eleccións galegas e vascas e perfilar o panorama que se debuxa para os vindeiros anos.
Na táboa estarán presentes varios expertos, entre eles o galego residente en Barcelona, Raimundo Viejo, doutor en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Xunto a el, Joan Botella, catedrático en Ciencia Política da Universitat Autònoma de Barcelona, e o experto en periodismo de conflitos Antoni Batista, doutor en Ciencias da Comunicación. Presentará e moderará o acto Anna Parés, decana do Col·legi.
A entrada é libre, pero dado que o aforo é limitado, precísase confirmar asistencia por enderezo electrónico ou ben chamando ao teléfono 93 241 41 22.
Mesa redonda: "Eleccions a Galícia i País Basc. Anàlisi de resultats"
Organizado polo Col·legi de Politòlegs i Sociòlegs de Catalunya.
Martes, 3 de marzo, 19 hores
Centre Cívic Pati Llimona
c/Regomir, 3. Barcelona