Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
103.2 FM, DOMINGO 1 DE MARZO, 19:30 H

As eleccións galegas (e vascas) nas ondas catalás

A radio galega en Catalunya fai un programa especial de seguimento das eleccións en Galiza.

ERGAC - 22:45 26/02/2009

Tal e como acontecera nas eleccións autonómicas de 2005, os Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC) farán un programa especial das eleccións galegas na emisora Sants3Ràdio (103.2 FM de Barcelona). O programa dará comezo o domingo 1 de marzo ás 19.30 h e finalizará sobre as 22.30h, cando se esperan ter resultados case definitivos (á espera do escrutinio do CERA).


Desta vez informarase tamén e paralelamente do resultado das eleccións no País Vasco. O programa será conducido por locutores de ERGaC e contará coa participación de correspondentes en Galiza (e no País Vasco), así como entrevistas a representantes políticos e dos medios de comunicación de Galiza, Euskadi e Catalunya.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: