Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
PARTICIPARON 6 CANDIDATOS

Ibarretxe gaña o debate electoral da ETB

Os líderes, con medo a cometer erros, arriscaron pouco e evitaron o enfrontamento directo.

Redacción - 11:02 26/02/2009

"Pódeme dicir unha idea que estea ilegalizada?", espetoulle Patxi López a Ibarretxe. "O Estatuto. Polas 36 competencias pendentes de transferir", respondeu o actual Lehendakari. Foi o momento máis tenso dun debate soso e aburrido, no que todos os participantes, sobre todo os dous con opcións de gobernar, tiveron máis medo a cometer un erro que ganas de tomar vantaxe sobre os seus rivais. Así e todo, Ibarretxe foi o gañador claro entre a audiencia da ETB2, entre a que o 52% afirmou que o peneuvista fora o máis convincente, a moita distancia que López que se impuxo só para o 6% dos televidentes, segundo a enquisa da propia ETB.

O debate non ofreceu apenas enfrontamentos dialécticos directos entre os dous posíbeis gañadores das eleccións, pero si clarificou os dous bloques nos que se divide a política vasca, nos momentos en que Ibarretxe se dirixía a López e Basagoiti tratándoos de 'vostede', mentres que atuaba e mesmo chamaba polo nome aos candidatos de EA, EB e Aralar. Así é todo, os líderes de Eusko Alkartasuna e Ezker Batua foron sorprendentemente críticos co goberno do que eles forman parte, o que levou a que Ibarretxe lles chamase a atención sobre ese punto.

PSE e López criticaron ao candidato do PNV por insinuar que a ilegalización de D3M e Askatasuna obedecía a un "cálculo político" para que os socialistas poidan gobernar. Así mesmo, botáronlle en cara que insinuase que socialistas e populares "non son de aquí". "Somos tan vascos coma os demais", retrucou López, que afirmou que "imos sacar o mando a distancia de Sabin Etxea para llo entregar á sociedade".

No único debate televisado da campaña participaron os candidatos dos seis partidos con representación no Parlamento Vasco. Ibarretxe foi o mellor valorado, cun 7.43 sobre 10, seguido por Ezenarro (Aralar) cun 5.69, Basagoiti (PP) cun 5.35, López (PSE) cun 5.05, Madrazo (EB) cun 4.62, e no derradeiro lugar Ziarreta cun 4.34. O tema que máis interesou foi a situación da economía e as políticas para afrontar a crise, seguido do da vivenda e as infraestruturas e, por último, do autogoberno, malia a que este foi o asunto no que máis incidiron os candidatos.

O debate foi o programa máis visto da noite en Euskadi, cun 19% da audiencia, e uns 190 mil espectadores de media. O número total de persoas que nalgún momento sintonizaron co programa foi de 559 mil, case cen mil persoas menos que as que viron o debate electoral de 2005.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: