O ex alcalde de Ordes contou de maneira ben peculiar nun acto de campaña os incidentes da manifestación contra a normalización do galego.
O que fora durante dúas décadas, e en distintas formacións políticas, alcalde de Ordes, Teodosio Martino, explicou nun mitin na discoteca LP-45 da localidade, "deslucido por un partido de fútbol", por que hai que votarlle ao PPdeG. Serán uns comicios decisivos "para o futuro da nosa nac... terra".
Martino lembra tamén a súa experiencia na manifestación de Galicia Bilingüe en Compostela. "Botábannos pedras e viñan con cascos, e cos cascos atacaban a xente como se fosen carneiros". Remata o seu discurso pedindo que se mobilice toda a xente o día das eleccións. No acto político tamén estivo presente o candidato coruñés Carlos Negreira e o deputado ferrolán Diego Calvo. Posteriormente, sen tempo para escoitar a alocución de Martino, chegou o líder: Alberto Núñez Feijoo.