Anxo Quintana, transformado en Kirk Douglas ou os tres candidatos convertidos en 'galicreques', novos éxitos da web de vídeos.
Os galicreques
No que levamos de campaña, o portal de vídeos YouTube vai ampliando a súa listaxe de montaxes audiovisuais relacionadas cos candidatos á presidencia da Xunta. Así, xa xurdiron parodias dos vídeos "oficiais" dos candidatos, ou que os caricaturizan dalgún xeito.
É o caso de "Eu son Espartaco? Anxo Quintana?", que se retrotrae ao filme Espartaco, no que se inspira o xa famoso "Eu son Anxo Quintana". Desta volta, pódense escoitar voces como a de Manuel Fraga ou Paco Vázquez.
Tamén están a empezar a cobrar relevancia os Galicreques, unha especie de caricaturas dos tres principais candidatos pasados pola peneira de South Park. Neste vídeo, Touriño, Feijoo e Quintana representan a selección galega nun partido de fútbol contra a selección española.
Outra batalla é a que se está a librar na rede social Facebook. Polo de agora, Touriño leva vantaxe, con máis de 1.900 amigos, seguido de preto por Núñez Feijoo, que se achega a esa cifra. Algo máis de 1.600 acadou Anxo Quintana.