Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
GÓMEZ BESTEIRO A FEIJOO

"É unha burrada dicir que a Xunta financiará o AVE entre Lugo e Ourense"

O presidente da Deputación de Lugo recomendou ao candidato popular á Xunta que non se preocupe polos cartos, que xa os porá o goberno de Zapatero.

Redacción - 12:13 21/02/2009

"Nós xa sabemos o que dá de si Feijoo", dixo este venres o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro. "Non é un acabado de chegar e xa sabemos que non deu impulso ningún ao AVE cando gobernaba Aznar", insistiu o socialista ao tempo que cualificou de "burrada total e absoluta" a promesa de financiar con fondos da Xunta o tramo do tren de alta velocidade entre Vigo e Ourense.

Ademais, Besteiro espetoulle ao candidato popular á Xunta que "non se preocupe polos cartos, que os fondos xa os porá o goberno de Rodríguez Zapatero". Finalmente recordou que durante o goberno do PP non se impulsaron proxectos fundamentais para Lugo, como o Plan Paradai ou outras vías de comunicación como as que agora están en marcha entre Navia e Becerreá ou A Fonsagrada e Asturias.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: