Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INFORME NON VINCULANTE

O PP consegue que o Parlamento Europeo apoie as teses dos grupos contra o galego

O texto, que rexeitou as emendas de PSOE, CiU, PNV e ICV, pide que os Estados garantan o dereito dos pais a elixir a lingua da educación dos fillos.

Redacción - 09:30 18/02/2009

O Parlamento Europeo pídelles aos Estados membros que garantan o dereito dos pais a elixir a lingua na que se educan os seus fillos en países como España onde coexisten varios idiomas oficiais. A iniciativa fora achegada á Eurocámara polo PP na liña das teses do colectivo que hai poucos días se manifestou en Santiago contra a lingua e a prol da derrogación do marco lexislativo sobre normalización lingüística.

O informe da comisión de Cultura e Educación da Eurocámara, elaborado por un eurodiputado portugués do Partido Popular Europeo, subliña, ademais, a importancia da lingua común. "Ningún escolar poderá ser privado do ensino da lingua oficial do Estado", asegura o texto ao que se opoñen os parlamentarios do PSOE, CIU, o PNV e ICV. O informe votarase no pleno do Parlamento a mediados de marzo. As enmendas que se refiren á relevancia da lingua nacional, introducidas polo popular Luís Herrero, atópanse entre as poucas aceptadas.

Ignasi Guardans, o eurodiputado de CIU e membro desta comisión, criticou ao PP español por organizar "un voto contra a inmersión lingüística que esconde a realidade educativa, social e xurídica catalá". Guardans non estaba presente nesta votación, onde si apareceron os populares españois, unha demostración, segundo CIU e o PSOE, de que había un plan para cambiar o informe. Os socialistas españois comentan que os seus colegas de partido europeos non foran informados sobre a sensibilidade española do asunto e que, cando vaia ao pleno, votarán con eles un texto alternativo, que faga máis énfase no multilingüismo dos Vinte e sete.


2,33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: