O candidato socialista fixo un percorrido pola praza de abastos de Compostela a admirou a calidade dos produtos do país.
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, percorreu este sábado a zona vella de Compostela, cunha visita á Praza de Abastos. Gabou a calidade dos produtos do país e defendeu a protección do territorio "porque é o que nos dá de comer e é un patrimonio de todos".
O secretario xeral dos socialistas galegos apostou "polos recursos naturais e a reciclaxe" e comprometeuse a abandonar a "precariedade laboral" e a "competitividade con soldos á baixa". Nese senso, lembrou os 825 millóns que investiu dende o Goberno ao saneamento integral das rúas e comprometeuse a ampliar a Rede Natura nun 75 por cento.
Tamén salientou a Lei de Protección do Litoral, que impide construír a menos de medio quilómetro da costa, e pediulle á cidadanía que o 1 de marzo "non fique na casa e vote a prol da protección do territorio".