A asociación cultural desminte as palabras de Conde Roa e subliña que participaron nas protestas contra Galicia Bilingüe de xeito lúdico e pacífico.
A asociación a Gentalha do Pichel (Compostela) anunciou que emprenderá accións legais contra o PP se nos vindeiros días este partido non rectifica as acusacións contra o colectivo. A decisión ten que ver cunhas declaracións do concelleiro Xerardo Conde Roa. O dirixente conservador local, logo dos incidentes na manifestación de Galicia Bilingüe, asegurou que o local social da Gentalha acoubilla a grupos que practican a “Kale Borroka”
Dende a asociación santiaguesa subliñan que participaron nunha mobilización crítica con Galicia Bilingüe pero de forma “pacífica e cívica”. Así lembran que houbo dous actos nos que participaron membros do colectivos cultural: “Bilingüismo Mr. Marshall” (charanga ridiculista) e “Día Internacional do Parvo” (con pancartas que non impediron en ningún momento o transcurso da manifestación de Galicia Bilingüe).
Nun comunicado, a asociación informa que están rexistrados legalmente dende o ano 2004 e que contan con máis de 200 persoas asociadas.
Poden ler aquí o comunicado íntegro.