CIS, Sofres, Ipsos, Sigma...? Dada a diverxencia entre os estudosos tradicionais, apelamos á vosa capacidade analítica e sabedoría para facerdes de adiviños electorais.
Convidámosvos a enviar a vosa avaliación de resultados todos os días durante esta campaña. A idea é que acheguedes o voso prognóstico diario en función da percepción que tedes a pé de rúa. Repartide escanos, con sentidiño e observación, e dicídenos como vai ser o reparto de deputados que saia das urnas o próximo 1M. Podedes facelo no espazo "A túa aposta", que atoparedes no especial Eleccións Galiza 2009.
Acertedes ou non, faremos sorteo do premio entre todos os participantes.
Velaquí as bases:
1.Debes estar rexistrado como usuario de Vieiros.
2.Calcula, o máis obxectivamente que sexas capaz en función da percepción a pé de rúa ou da túa análise particular, e dinos os escanos que lle prognosticas a cada formación política.
3.Podes participar todos os días, malia que só permitimos unha votación por usuario cada día. Cantas máis veces participes máis oportunidades terás de que o teu nome de usuario sexa o elixido o día do sorteo.
4.Co reparto de escanos que achegue cada un de vós, estabeleceremos unha media co prognóstico conxunto dos internautas.
4.O gañador recibirá un computador ao xeito do que vedes na imaxe do especial. No caso de que o que vos presentamos aquí estivese esgotado ou non dispoñíbel, elixiríase un de prestacións parecidas.