A campaña comezou coa incógnita de se o PNV conservará a súa maioría absoluta, xa que as últimas sondaxes do CIS indican que podería perdela.
Ibarrexte (PNV), na apertura da campaña
En Euskadi tamén comezou a campaña electoral para as eleccións do vindeiro 1 de marzo, por primeira vez na historia da democracia vasca, sen a participación dos partidos da esquerda independentista, debido á anulación, por parte do Tribunal Supremo, das candidaturas de D3M e Askatasuna. A media noite, así comezaba a tradicional pegada de cartaces, o Tribunal Constitucional confirmaba esta anulación. Dos partidos considerados pertencentes á chamada esquerda abertzale, só queda en pé a candidatura de Aralar.
O PSE, polo seu lado, esforzarase por vencer, por primeira vez na historia, a un PNV moi dividido. Aínda falta por saber que van facer os votantes abertzales -Eusko Alkartasuna aspira a recoller parte destes sufraxios-, xa que, se a maioría se abstén, é posíbel que as porcentaxes de voto dos partidos varíen considerabelmente.
Segundo a sondaxe do CIS, os tres partidos que forman a coalición que actualmente goberna Euskadi -PNV, EA e Ezker Batua-, conseguirá 33-35 escanos, perdendo a maioría absoluta. Pola contra, o PSE pode conseguir 26 escanos, e o PP, 12. De tal xeito que, de se sumaren, cousa que parece pouco probábel, conseguirían a maioría.
Información sobre a apertura de campaña nos xornais vascos: