Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INGVESTIGACIÓN XUDICIAL

O PP vincula as acusacións de corrupción cos vindeiros comicios

Os conservadores españois aseguran que existe unha conspiración para danalos electoralmente en Galiza e en Euskadi.

Redacción - 14:21 11/02/2009
Tags:

Mariano Rajoy intenta tapar as numerosas vías de auga que se lle están a abrir nos últimos días. Acompañado dos principais dirixentes da dereita española, o político pontevedrés deixou entrever a existencia dunha suposta “man negra” detrás dos escándalos de corrupción que están a poñer contra as cordas aos conservadores. Rajoy fixo fincapé na coincidencia de toda a polémica coas eleccións galegas e vascas e coa forte crise económica.

Por se fose pouco, a polémica aumenta logo de que se soubese que o ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, e o xuíz Baltasar Garzón coincidiron nunha cacería esta fin de semana. Rajoy considera que “é un acto obsceno”. Dende o PP solicitan que isto sexa causa suficiente para recusar ao maxistrado e que se investigue o ministro por esta xuntanza.


1,57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: