Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Sobre o impago en Facenda

"Pasóuseme", di Carrera revelando que a fraude viña dun pago nas Illas Caimán

O ex candidato avalía a súa expulsión da lista do PP comentando que a súa continuidade "non sería demasiado estética".

Europa Press - 19:25 06/02/2009
Tags:

O economista Luis Carrera recoñeceu non declarar a Facenda a cantidade que recibiu por prestar asesoramento ao Banco privado Portugués para organizar a súa entrada no mercado galego, aínda que o xustificou dicindo que a entidade lusa lle fixo o pagamento a través da súa sucursal en Illas Caimán e, ao non recibir ningunha notificación, "se lle pasou".

En declaracións a Europa Press, o até hoxe número un da lista do PP por Ourense dixo comprender a decisión do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, de apartalo da candidatura por este motivo. Afirmou Carrera que a súa continuidade "non sería demasiado estética".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: