Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
En 2004

O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos condena Portugal por vetarlle a entrada a un barco abortista

Acusan o goberno de ter atentado contra a liberdade de expresión, ao non deixar achegarse á súa costa ao buque.

Redacción - 19:05 04/02/2009
A bordo do buque, que non puido atracar no porto de Figueira da Foz en 2004

A bordo do buque, que non puido atracar no porto de Figueira da Foz en 2004

En agosto de 2004, as asociacións portuguesas Clube Safo e Não te Prives, e a fundación holandesa Women on Waves, fretaron o navío Borndiep e preparáronse para entrar no porto de Figueira da Foz. A bordo pretendían organizar unha serie de xuntanzas, seminarios e obradoiros sobre as vantaxes da despenalización da interrupción voluntaria do embarazo entre as mulleres portuguesas interesadas.

O día 27 de agosto, cando o buque estaba aproximándose á costa portuguesa, o goberno do país interceptou a súa entrada nas augas territoriais, ao enviar un navío de guerra que se achegou ao Borndiep, impedíndolle avanzar. Naquela altura, as asociacións organizadoras das xornadas presentaron unha denuncia por violación do dereito de liberdade de expresión, de reunión e de manifestación ante o Supremo Tribunal administrativo portugués, mais este rexeitouna. Daquela, o aborto era penado con até tres anos de prisión en Portugal, e até 2007 non foi legalizado.

Mais agora, case cinco anos despois, o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos considerou que as medidas tomadas contra a entrada do Borndiep foran desproporcionadas, e que houbo unha violación do artigo 10 da Convención dos Dereitos Humanos, o que se refire ao dereito á liberdade de expresión. As tres asociacións reclamaban indemnizacións de 49.528 euros polo custe do fretamento do Borndiep. Alén diso, piden cinco mil euros para cada unha por danos morais. Porén, o tribunal só fixou indemnizacións en dous mil euros para cada un dos denunciantes, por danos morais.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: