O candidato do PPdeG asegurou que o bipartito “considera os emigrantes simple mercancía electoral”.
Poucas horas despois de chegar a Suíza, o candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asegurou nun mitin en Zurich que se el goberna as próximas eleccións os emigrantes van votar en urna. Nun econtro coa colectividade galega, sinalou que o bipartito “considera os emigrantes simple mercancía electoral”. Feijoo acusou directamente aos socialistas de impedir unha reforma da lei electoral.
O líder conservador comprometeuse a facilitarlle a tarxeta sanitaria a todos os galegos que residan no exterior. Ademais, manifestou a súa “intención” de aplicar a Lei de Dependencia “a cada un dos cidadáns que a precisen, incluídos os emigrantes”.