Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
POLÍTICA E WEB 2.0

Cavaco Silva entra nas redes sociais

O presidente da República Portuguesa inaugura presenza en YouTube, Sapo Vídeos, Flickr e Twitter.

Redacción - 18:00 08/02/2009

O presidente da República Portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, está decidido a ter presenza na internet. Na súa páxina oficial anunciouse que xa está en YouTube, Sapo Vídeos, Flickr e Twitter, onde informará das súas iniciativas.

Cavaco Silva presentouse nun vídeo asegurando que "o rápido desenvolvimento das tecnologias da informação e comunicação coloca-nos constantemente novos desafios". A súa presenza en Twitter inaugurouse o día 19, mentres que as contas do presidente no resto das redes sociais arrancaron esta terza feira, cando se engadiron contidos.

A Presidencia fará dispoñíbeis, deste xeito, a súa axenda, novas, mensaxes e outras iniciativas en varios formatos. Cavaco engadiu: "valorizo muito estas novas formas de comunicação e o desenvolvimento das tecnologias que as suportam".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: