Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA2009

Méndez Ferrín será o candidato da FPG á presidencia da Xunta

A organización independentista quere centrar a campaña na economía, nas políticas enerxéticas e no agro.

Redacción - 11:55 26/01/2009

O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, que encabezará a lista por Pontevedra, será o candidato da Fronte Popular Galega á presidencia da Xunta de Galiza. A número un pola Coruña será Xiana López Penedo; por Lugo Xosé Manuel Seixas; e por Ourense Brais Fidalgo. Canda eles, en postos máis baixos, estarán outros nomes como os de Mariano Abalo, Xabier Cordal ou Xurxo Martínez. Nas listas por Pontevedra, vai haber representantes do Colectivo Nacionalista de Marín.

Dende a FPG destacan que pretenden crear candidaturas onde os traballadores sexan a principal referencia. Sinalan que a campaña da formación independentista vai virar arredor de tres grandes eixos: a economía, as políticas enerxéticas e o agro.

A organización política, creada en 1988, confía en recoller os votos dos electores situados en posicións nacionalistas de esquerda. Nas últimas eleccións ao Parlamento, celebradas en 2005, a FPG obtivo tan só 2.982 sufraxios. Porén, a formación considera que nesta ocasión pode capitalizar o voto de electores descontentos co labor do BNG no Goberno.


4,27/5 (45 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: