Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Banda deseñada

A beberaxe de Astérix daralle tamén a inmortalidade

Hachette poderá publicar novas aventuras do galo mesmo despois da morte de Uderzo, o seu debuxante orixinal.

Redacción - 12:15 12/01/2009

Hachette Livre, primeiro grupo editorial de Francia, fíxose en decembro co sesenta por cento do capital de Albert-René, a editoria que publica os cómics de Asterix despois da morte en 1977 de René Goscinny, guionista e coautor da célebre historieta, xunto con Albert Uderzo. Precisamente Uderzo debuxante da serie, vén de cederlle ao grupo Hachette Livre a autorización para continuar, despois da súa morte, as aventuras do guerreiro galo.

"Isto é moi bo para Astérix", dixo Anne Goscinny, filla de René Goscinny, salientando que a personaxe sobreviviu xa á morte de seu pais, grazas a Albert Uderzo que continuou só a serie a finais dos anos 70. Isabelle Magnac, directora de Hachette Illustré, sinalou que Astérix continuará pero que "polo de agora, Astérix é Albert Uderzo".

Dende a creación do cómic, en 1959, vendéronse no mundo uns 325 millóns de exemplares das aventuras de Astérix nun cento de linguas. Durante varios anos o galego non figurou entre esas linguas (como sí o facía na década dos setenta e oitenta), pois os últimos volumes publicados en España por Salvat-Bruño só o fixeran en castelán e catalán. Porén, a presión exercida por distintos colectivos, como A Mesa pola Normalización Lingüística e as Ciberirmandades da Fala, logrou o seu obxectivo, e Bruño anunciou a súa intención de publicar un volume triplo do cómic, coincidindo co 50 aniversario da serie, tamén en galego.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: