Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANUNCIA UNHA NOVA LEI DO TRANSPORTE

Touriño abre a campaña con promesas en infraestruturas e emprego

O candidato socialista asistiu en Vigo á clausura da reunión sectorial sobre Economía, Emprego e Territorio do PSdeG-PSOE.

Redacción - 18:36 10/01/2009

Emilio Pérez Touriño anunciou durante a súa intervención os obxectivos que se propón para a vindeira lexislatura. Por un lado "cumprir o obxectivo de ampliar a Autopista do Atlántico co AP-9 de xeito inmediata", ademais de "conectar tódalas rias galegas coa Vía de Alta Capacidade mediante un sistema de libre peaxe maioritariamente". Anunciou tamén que "se triplicaran as redes de vías de Alta Capacidade, que todos os portos teñan un ferrocarril para que poidan converterse en auténticos transportes intermodais".

Outro dos grandes obxectivos para a vindeira lexislatura é o que se refire ao trasporte público, comprometeuse a "construír o Consorcio de Transporte Metropolitano da nosa Comunidade", xunto coa Lei de Transportes "que será unha das primeiras que saia do Parlamento Galego".

Así mesmo, Touriño anunciou que na vindeira lexislatura "mobilizaremos 2000 millóns de euros en protección do traballo, do emprego e das empresas". Neste senso, Touriño cualificou o IGAPE como un autentico Instituto de desenvolvemento de Galicia para fortalecer o pais. "Tratase de consolidar o emprego, de compensar políticas activas potentes, para que o ano 2009 sexa o da recuperación económica. Apoiar as familias, aos traballadores e as empresas, este será o meu argumento como candidato".


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: