Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dúbidas "frecuentes"

"Que facer se algunha persoa ou grupo coacciona ou intimida aos votantes?"

Velaí unha das cuestións tratadas no manual de preguntas habituais que deseñou a Xunta para a vindeira xornada electoral.

Redacción - 11:05 09/01/2009

O apartado de "preguntas frecuentes" da web electoral oficial inclúe un resumo dos dereitos e deberes dos electores, respondendo a cuestións como "Quen pode votar?", "Pódese votar sen estar na lista do censo?", "É obrigatorio votar?" ou "Como se escollen os membros das mesas electorais?".

Entre os asuntos máis interesantes tratados neste FAQ aparece o que lle toca a "Que facer se algunha persoa ou grupo coacciona ou intimida aos votantes?", ao respecto do cal o Goberno sinala: "Comuníquello ao/á presidente/a da mesa, que posúe a obriga de velar porque nada impida a liberdade de voto dos/as electores/as no colexio electoral e nas súas inmediacións, e pode ordenar ás forzas de seguridade que actúen para evitalo".

Tamén se indica que facer se alguén realiza propaganda electoral nas proximidades do colexio electoral, proceder estritamente prohibido que tamén debe ser posto en coñecemento do presidente da mesa electoral correspondente, malia que si se lles permite aos interverntores e apoderados autorizados a levaren para a súa identificación distintivos e siglas da súa candidatura sen que iso se considere propaganda electoral.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: