A aviación xudea bombardeou tuneis en Rafah e varias vivendas no norte da franxa. Israel nega ter aceptado o plan de paz franco-exipcio.
Exactamente tres horas despois de que o exército israelí cesase os seus ataques sobre Gaza, nunha tregua que debía servir para que a poboación recibise asistencia, as bombas volveron caer sobre o territorio palestino. A aviación bombardeou varios túneis na rexión de Rafah, no sur da franxa, e disparou contra viviendas en Yabalia, no norte de Gaza. En resposta, as Brigadas Al Kasam, brazo armado de Hamas, atribuíronse o reinicio do lanzamento de cohetes contra o sur de Israel. Segundo explicou Peter Lerner, do ministerio de Defensa, nos vindeiros días Israel decidirá se volve deter os bombardeos durante tres horas para permitir o abastecemento da poboación civil.
Israel vírase obrigado a deter os seus ataques este mércores ante a crecente presión internacional pola catastrófica situación humanitaria en Gaza, onde dende o inicio da invasión, o 27 de decembro, morreron máis de 700 palestinos. O número de feridos alcanzou os 3.000, a maioría civís, de acordo con fontes hospitalarias.
Nestes momentos, o goberno de Israel estuda o plan para acadar o alto o fogo, proposto por Francia e Exipto e aprobado polo Consello de Seguridade da ONU. Porén, fontes israelíes xa anunciou que "aínda é cedo para falar dun acuerdo de tregua". "No tenemos previsto parar los combates en los próximos días, debemos estudiar la propuesta de Egipto en detalle", afirmou o voceiro do Goberno de Tel-Aviv, que repetiu que Israel só cesará a súa ofensiva se Hamas deixa de disparar cohetes e se desarma. De feito, as tropas israelís están xa preparadas para iniciar en calquera momento unha terceira e definitiva fase da 'operación Chumbo Sólido'. Nesta nova etapa da invasión, as tropas teñen a misión de entrar nas cidades da franxa.
Resposta diplomática
Venezuela anunciou este martes a expulsión do embaixador israelí no país, Shlomo Cohen, en resposta aos ataques sobre Gaza. "Se houbese vergoña no mundo, o presidente de Israel debería ser levado á Corte Penal Internacional xunto co presidente de Estados Unidos", sinalou o xefe de Estado venezuelano, Hugo Chávez. Nun comunicado oficial o goberno condenou "categoricamente" as "flagrantes violacións do Dereito Internacional nas que incorreu o Estado de Israel, e denuncia a súa utilización planificada do terrorismo de Estado, co cal este país se colocou á marxe do concerto das Nacións". Así mesmo, concluía o comunicado, Chávez, quen mantivo xuntanzas con altos representantes do Consello Mundial Xudeu e sempre se opuxo ao antisemitismo como a calquera tipo de discriminación e de racismo, "fai un chamado fraterno ao pobo xudeu através do mundo para que se opoña a estas políticas criminais do Estado de Israel que lembran as peores páxinas da historia do século XX".
Pola súa banda, o coordinador xeral de IU, Cayo Lara, remitiulle unha carta a José Luis Rodríguez Zapatero, na que lle reclama un meirande grao de esixencia fronte ao Goberno israelí e lle pide que o seu embaixador abandone España "mentres persista o ataque e a invasión de Gaza". Na súa carta, Lara afirma que a declaración institucional de Zapatero "non é entendíbel nin aceptábel" porque "non se pode entender a estas alturas que antepoña na súa declaración a seguridade do invasor á dignidade do invadido".
Testemuña do horror
Na rede comezan a aparecer vídeos nos que se pode ver unha mostra do horror dos ataques. Neste vídeo Mads Gilbert, anestesista noruego da Media Lúa Vermella no Hospital Al-Shifa de Gaza, declara a Sky News que o número de civís mortos e feridos proba os ataques deliberados de Israel contra a poboación.