Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rusia-Ucraína

O sueste de Europa xa sofre os efectos do conflito do gas

A subministración a Grecia reduciuse nun terzo. Tamén Bulgaria e Romanía estanse a ver afectados, así como, fóra da UE, Serbia e Croacia.

Redacción - 17:15 05/01/2009

O conflito do gas entre Rusia e Ucraína alcanzou o sueste de Europa. A suspensión dos envíos de gas da compañía estatal rusa Gazprom a través dos condutos que atravesan Ucraína provocou que a subministración a Grecia se reduza nun terzo. En Romanía a redución foi de até o 30%, e en Bulgaria do 15%.

Tamén as antigas repúblicas de Iugoslavia están a sufrir problemas. Croacia, que importa o 40% do gas que necesita, viu diminuír a súa subministración un 7%, mentres que Serbia recoñeceu rexistrar problemas de abastecemento.

O vicepresidente de Gazprom, Alexandr Medvédev, acusou a Ucraína de roubar 50 millóns de metros cúbicos de gas dos gasodutos que atravesan o país. Así, aos 25 millóns de metros cúbicos de Gazprom súmanse outros 25 millóns propiedade da firma ruso-ucraína RosUkrEnergo que debían chegar a Polonia, Hungría e Romanía.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: