Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CON SEDE EN QATAR

Créase a OPEP do gas

Os principais países exportadores acordaron a constitución dunha organización formal para defender os seus intereses e influír nos mercados.

Redacción - 11:00 24/12/2008

Rusia, Irán, Arxelia, Venezuela e Qatar controlan dous terzos das reservas mundiais de gas e máis do 42% da súa produción. Agora, estes países, xunto con Bolivia, Brunei, Exipto, Indonesia, Libia, Nixeria, Trinidad e Tobago, Malasia e os Emiratos Árabes Unidos conformarán unha organización de países exportadores de gas. O funcionamento desta nova entidade podería inspirarse no da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP), co propósito de defender os seus intereses e influír nos mercados.

Acabouse o gas barato
Esta é a culminación dun proxecto que ven de vello, xa que até o de agora estes Estados xa estaban agrupados no Foro de Países Exportadores de Gas (FPEG). Con todo, a noticia foi recibida como unha ameaza para os países consumidores de gas, que temen que o verdadeiro obxectivo dos produtores sexa o de ditar o prezo desta fonte de enerxía. Así o deu a entender o propio Valdimir Putin, primeiro ministro ruso, quen asegurou que "a era do gas barato chegou ao seu fin", polo que advertiu aos consumidores para que se preparen para cotizacións máis elevadas.

Ante a expectación creada, outros responsábeis políticos que participaron na xuntanza, celebrada en Moscú, insisten en que non se está tratando de estabelecer un cártel para fixar cotas e controlar os prezos, senón que é un plan para o intercambio de información e para sincronizar os investimentos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: