Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'DIGNA RABIA'

O subcomandante Marcos reaparece no 15 aniversario do EZLN

O dirixente do Exército Zapatista dixo que a loita seguirá nesa zona de México até que se acade a xustiza e a democracia.

Redacción - 11:40 03/01/2009
O subcomandante Marcos, no festival da Digna Rabia

O subcomandante Marcos, no festival da Digna Rabia

O subcomandante Marcos, un dos líderes do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) reapareceu en público este venres en San Cristóbal de las Casas, no I Festival Mundial da Digna Rabia, no que se reuniron unhas tres mil persoas. A festa celebrou o 15 aniversario do alzamento do EZLN.

Marcos criticou o xeito en que o goberno mexicano está a loitar contra o narcotráfico e asegurou que xa perdeu a batalla. O dirixente zapatista leu o texto 'Sete ventos nos calendarios da xeografía de abaixo', no que afirma que dende que o exército saíu ás rúas fíxoo para tomar o papel de "ministerio público, policía, carcereiro e executor". Engadiu que, en vez de ofrecerlle pan e circo ao pobo mexicano, deulle "sangue".

O subcomandante asegurou que a guerra iniciada hai 15 anos polos zapatistas continuará nese recanto de México até que se acade a paz, a xustiza e a democracia "sen trampas e sen simulacións". Marcos tamén fixo referencia no seu discurso á globalización que protagonizan Israel e os Estados Unidos, aínda que engadiu que tamén é posíbel ver o zapatazo que case recibe George Bush en Iraq dende calquera parte do mundo.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: