O presidente anuncioullo ao Goberno na xuntanza do Consello da Xunta deste xoves.
Logo de meses e meses de contínuas especulacións, Touriño xa ten pechada unha data para os comicios galegos: o primeiro domingo de marzo. Comeza así agora un proceso que terá o seu primeiro episodio na disolución do Parlamento, prevista para a primeira semana de xaneiro.
A campaña electoral, que estará marcada polas celebracións de antroido, comezará o venres 13 de febreiro.