Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BIODIÉSEL

A borra de café, solución ao problema enerxético?

Investigadores estadounidenses descubriron que os restos da infusión son unha potente fonte de combustíbel biolóxico.

Redacción - 11:00 14/12/2008

Un equipo de investigadores de Nevada (EUA) descubriron que a borra de café pode ser un xeito barato, abundante e ecolóxico de producir biodiésel como combustíbel para automóbiles.

O estudo, publicado no Periódico de Química Alimentaria e Agrícola da Sociedade Química Estadounidense (ACS), tivo en conta que o uso do biodiésel non está máis estendido pola escaseza dunha fonte e baixo custo e de alta calidade para producir o combustíbel. Segundo publican Mano Misra, Susanta Mohapatra e Narasimharao Kondamudi, a borra de café contén entre o 11 e o 20 por cento de aceite vexetal, case tanto como as fontes tradicionais de biodiésel, os aceites de colza, palma e soia.

Calcúlase que cada ano se producen 7,250 millóns de toneladas de café no mundo. A borra acaba no lixo ou, cun pouco de sorte, como fertilizante. Os científicos cren, porén, que eses restos poden producir case 1.300 millóns de litros de biodiésel.

Para comprobalo, os autores do estudo recolleron borra de café unha cadea multinacional de cafetarías e separaron o aceite. Despois, usaron un proceso barato para converter todo ese aceite en biodiésel. O resultado foi un combustíbel con aroma de café, máis estábel ca o biodiésel tradicional grazas ao contido antioxidante do seu produto orixinal. O produto sólido sobrante aínda se pode converter en etanol ou usado como compost.

Segundo calculan, o proceso podería xerar máis de 8 millóns de dólares ao ano de beneficios só nos EUA, polo que xa proxectan desenvolveu unha pequena planta piloto nos próximos meses.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: