Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIRÁ 37 MILLÓNS E CREARÁ 35 EMPREGOS

O grupo Acciona construirá unha planta de biodiésel en Arteixo

O municipio de Arteixo é o lugar escollido pola compañía Acciona para crear un planta de produción de biodiésel. O proxecto situarase a carón da refinaría que Repsol YPF ten na parroquia de Meicende.

Redacción - 14:31 27/02/2007
Tags:
A planta estará a carón da refinaría de Meicende

A planta estará a carón da refinaría de Meicende

O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, mantivo este martes unha reunión con Joaquín Ancís, director de Acciona Biocombustibles. Ancís confirmoulle ao conselleiro os plans da empresa. O proxecto ten un custe final de 37 millóns de euros e creará 35 postos de traballo. A Xunta apoiará con 3,7 millóns a iniciativa. A nova planta producirá biodiésel a partir de aceites vexetais e estará ao lado da refinaría de Repsol YPF en Meicende, que será ao mesmo tempo o principal cliente.

A planta terá unha capacidade de produción de 200.000 toneladas anuais. Dende Economía lembran que “entre os obxectivos fixados pola Unión Europea para reducir a dependencia enerxética do petróleo e para diminuír as emisións de gases efecto invernadoiro, figura o impulso á fabricación e utilización de biocarburantes”.

Máis proxectos en Galiza

Na actualidade está xa funcionando unha planta de produción de bietanol en Curtis, propiedade do grupo Abengoa. Ademais do proxecto que se anunciou para Arteixo, hai outros cinco en execución en Ferrol, Salvaterra do Miño, Cerceda, Ordes e Begonte.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: