O voceiro do BNG no Congreso sinalou que, despois de 30 anos, "é hora de enfrontar cuestións que non quedaron resoltas".
O voceiro do BNG no Congreso español, Francisco Jorquera, reclamou unha "profunda modificación" da Constitución española para "adaptala á realidade plurinacional do Estado".
Jorquera considerou que, despois de 30 anos de andadura, "é hora de abordar unha reforma" e de "enfrontar cuestións que non quedaron resoltas" hai tres décadas, como o "recoñecemento de que no Estado Español conviven varios pobos e nacións". Neste sentido, defendeu que España "débese articular como un Estado plurinacional con amplos cambios de libre decisión para as nacións que o integran". O nacionalista advertiu que a reforma "non pode ser excluínte" nin realizar segundo "un acordo entre dous -en referencia ao PSOE e o PP- senón que "debe integrar as formacións políticas nacionalistas" que traballen cun "amplo consenso".
Autonomía competencias e participación directa
O deputado do BNG tamén reclamou que as Comunicades como a nosa poidan ter "autonomía financeira" e participación directa nos órganos da UE en cuestións que afectan ás súas competencias. Ademais, volveu pedir a introdución de mecanismo que impidan a "continua invasión de competencias" por parte do goberno española, e "axeitar" o Senado e o Tribunal Constitucional ao Estado plurinacional.