O goberno de Ahmadineyad segue a avanzar na carreira espacial co próximo lanzamento dos vehículos Kaveshgar 3 e Kaveshgar 4.
O primeiro foguete espacial de Irán
Irán ten previsto iniciar a conquista espacial co lanzamento de foguetes tripulados. Os primeiros usuarios das aeronaves iranianas serán animais, segundo informou o xefe adxunto da Organización Aeroespacial de Irán, Mohammad Ebrahimi.
Así, asegurou que "Kaveshgar 3 e Kaveshgar 4 lanzaranse proximamente con animais a bordo". Anteriormente, Irán lanzou con éxito o Kaveshgar (Explorador) 2 o día 26 de novembro, que regresou despois de 40 minutos, con numerosos datos científicos.
O 4 de febreiro botárase o Kaveshgar 1 e presentárase o primeiro satélite científico iraniano, Omid (Esperanza). Aquel lanzamento provocara preocupación en Occidente e en Rusia, pois podía ser unha mostra de que Teherán está preparado para desenvolver mísiles de longo alcance.