Os países veciños sospeitan que se trate dun ensaio para o lanzamento de mísiles. O goberno iraniano asegura que aspira a poñer en órbita un satélite de investigación.
Imaxe do foguete / IRNA
O goberno de Irán está decidido a poñer en órbita o seu propio satélite artificial en 2009. Para iso, concidindo co vixésimo aniversario da revolución islámica, lanzou o seu primeiro foguete espacial. O evento foi retransmitido pola televisión oficial entre consignas como "Alá é grande" e a intención de amosarlle ao mundo o que Irán pode facer.
Porén, aínda que o executivo presidido por Ahmadinejad asegura que se trata dun programa civil e científico, o lanzamento podería provocar a alarma dos países veciños, pois o foguete pode supoñer un paso adiante no programa nuclear iraniano. A pretensión do executivo de Irán é que estea en funcionamento antes de marzo de 2009 o satélite de investigación Esperanza.