Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Día Internacional contra a violencia machista

Cinco cidades seguen sen xulgado específico de violencia de xénero

O PPdeG recorda que o goberno español non respondeu aínda ao mandato unánime do Parlamento para que se ampliasen en Galiza os recursos específicos no ámbito da Xustiza.

Redacción - 14:15 25/11/2008

Non hai noticia de que Lugo, Ourense e Ferrol vaian contar a curto prazo con xulgados específicos para casos de violencia de xénero. De paso, Santiago de Compostela e Pontevedra teñen os seus respectivos xulgados sen entrar en funcionamento. A queixa aproveita para traela a primeiro plano este martes o PPdeG, lembrando que de xeito unánime os tres grupos parlamentarios votaron en Galiza a favor de urxirlle ao goberno español a dar resposta a esa demanda.

Susana López Abella, vicesecretaria xeral do PPdeG e voceira de Igualdade do Grupo Parlamentario do PpdeG, expón que non é a única carencia denunciada, xa que ao seu entender o número de policías adicados a tarefas de prevención e loita contra a violencia de xénero "é insuficiente". Tamén opina López Abella que o protocolo deseñado para valorar o grao de risco das vítimas demostrou ser "pouco efectivo". Segundo a deputada popular estes serían exemplos de que as expectativas creadas coa entrada en vigor da lei integral contra a violencia de xénero "están esvaendo a medida que avanza o tempo".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: