A vila catalá acolleu a copa estatal, que coincidiu co vixésimo aniversario da escola Timberland de vela adaptada.
Galiza é unha potencia nas diferentes modalidades da vela
Sitges acolleu a pasada fin de semana a copa estatal de vela adaptada, onde participaron tres regatistas do país, como foron Tono Figueroa, que rematou quinto; Xavier Iribarren, que ocupou o oitavo lugar: e Fran Piñeiro, que finalizou 11º.
O evento disputouse en varias clases paralímpicas como raquero, gamba, minitransat ou 2.4 mR. Os ventos de baixa intensidade foron unha constante durante os dous días de competición.
O open organizouno a escola Timberland de vela adaptada, que celebraba o 20º aniversario da súa inauguración. Até Sitges achegáronse regatistas catalás, galegos, cántabros ou madrileños.