Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No veleiro Laion

O proxecto de vela adaptada participa na X Volta Náutica a Galiza

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) presenta este seu programa na primeira etapa do campionato, entre as vilas Laxe e Camariñas.

Redacción - 11:11 04/08/2008
Detalle do veleiro 'Laion'

Detalle do veleiro 'Laion'

Esta segunda feira estrearase o Proxecto Gavea 2008 de vela adaptada para persoas con discapacidade, coa participación dos nove pasaxeiros do veleiro Laion, que navegarán na primeira etapa da X Volta Náutica a Galiza.

Dos nove tripulantes do Laion, que navegará entre Laxe e Camariñas, dous son monitores, cinco son participantes con algunha discapacidade os outros dous, voluntario da Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), entidade organizadora do Proxecto Gavea, que farán tarefas de acompañamento dos participantes.

O veleiro Laion
O veleiro Laion conta cunha serie de adaptacións para facer practicábel a navegación, como unha grúa instalada en botavara, que permite o embarque e desembarque das persoas con discapacidade, directamente dende o pantalán ou o peirao. Tamén contan cun control centralizado que se activa a través dun pulsador, para que calquera persoa poida gobernar o barco.

O barco, de 13 metros de eslora, foi incautado ao narcotráfico e, posteriormente, cedido á Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur), membro de Cogami. Dende aquela cumpre a función de axudar á integrar socialmente ás persoas con discapacidade a través do deporte.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: