Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Antes de que o fixese a Sala do Penal

Garzón declara extinta a responsabilidade de Franco, e remite a causa aos xulgados territoriais

O xuíz pecha a investigación, e envíaa ás entidades provinciais onde se sabe da existencia de foxas comúns.

Redacción - 13:15 18/11/2008
Garzón asistindo á apertura dunha foxa

Garzón asistindo á apertura dunha foxa

Esta terza feira o xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, declarou extinta a responsabilidade penal do ditador Francisco Franco, e doutros 44 altos mandos do seu réxime por falecemento, remitindo a causa -que abrira o pasado 16 de outubro para investigar os crimes da Guerra Civil e o franquismo-, aos xulgados de Instrución das provincias nas que existen foxas comúns.

Con esta decisión, o xuíz evita que se lle declare incompetente na investigación, cousa que, de acontecer, marcaría un fito na historia da maxistratura estatal. Garzón adiantouse así á decisión que o Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional había, seguramente, adoptar na súa vindeira xuntanza. Despois de permanecer unhas semanas de baixo, o maxistrado debía agora argumental, por escrito, a súa decisión de aceptar a competencia para investigar estes crimes. Porén, unha vez que a Sala reciba a comunicación desta escrito, o incidente aberto declararase extinto.

A causa pasa tamén aos xulgados de Lugo, A Coruña e Pontevedra
Segundo o auto redactado polo xuíz, elévase á Sala do Penal calquera actividade procesual que afecta á causa, e as peticións que poidan realizar as partes no futuro, e comunícaselle ao ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, a existencia dun grupo de expertos que creou para investigar o paradeiro das foxas e dos restos dos represaliados. Neste sentido, Garzón sinala que con esta medida pretende "evitar solapamentos no labor de recompilación de datos" e conseguir a "formación dun protocolo axeitado de exhumación e identificación, e posterior inhumación dos cadáveres", de tal xeito que se custodien os restos humanos e outros elementos ou probas que poidan sen utilizados máis tarde, "no ámbito da xurisdición penal".

Garzón inclúe, ademais, unha listaxe daqueles xulgados das provincias onde se atopan as foxas comúns investigadas, e que agora deberán asumir a causa. Estas dependencias xudiciais corresponden ás provincias da Coruña, Oviedo, Badaxoz, Burgos, Castellón, Córdoba, Granada, Huelva, Huesca, León, Lugo, Madrid, Navarra, Palencia, Pontevedra, Salamanca, Soria, Toledo, Zamora e Zaragoza.

Garzón pecha a investigación
A decisión do maxistrado supón o peche da investigación por parte da Audiencia Nacional española, despois de que el mesmo se declarase competente para investigar as desaparicións e mortes acontecidas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, para entender se se produciu un delito permanente de detención ilegal -sen dar razón do paradeiro dos desaparecidos- que Garzón incluía no contexto de Crimes contra a Humanidade.


3,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: