Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUÍZO POLO ATENTADO CONTRA CAIXA GALICIA

A Audiencia imponlle a Giana Gomes unha pena inferior á súa estancia na cadea

A independentista foi condeada a tres anos de prisión. Ugio Caamanho, cunha sentenza de 4 anos e 9 meses, podería saír do cárcere en cuestión de semanas.

Redacción - 10:10 11/11/2008
Tags: Giana Ugio
Ugio Caamanho e Giana Gomes nun momento do xuízo celebrado a semana pasada

Ugio Caamanho e Giana Gomes nun momento do xuízo celebrado a semana pasada

A Audiencia Nacional xa deu a coñecer o seu fallo no caso dos presos independentistas Ugio Caamanho e Giana Gomes. Logo de entender que os dous colocaron unha bomba contra unha sucursal de Caixa Galicia en Santiago, en xullo de 2005, o tribunal condea a Ugio Caamaño a catro anos e nove meses de prisión mentres que deixa a pena de Giana Gomes en tres anos.

A Audiencia Nacional ditaminou a posta en liberdade de Giana Gomes, ao ser menor a pena de cadea có tempo que estivo en prisión provisional (algo máis de tres anos e tres meses). O tribunal entende que é culpábel dun delito de “danos con finalidade de subvertir” e por iso a condea a tres anos. Ademais considera que é culpábel dun delito de furto de vehículo a motor polo que se lle impón unha multa de 1.620 euros.

No caso de Ugio Caamanho, a Audiencia Nacional tamén o condea a tres anos por un delito de danos e a 21 meses máis de prisión por falsidade documental. Imponlle tamén, como no caso anterior, 1.620 euros de multa por furto de vehículo a motor.

Os dous procesados deberán facer fronte aos danos que ocasionou a explosión da bomba e ás costas do xuízo. Ademais quedan inhabilitados para cargo público durante nove anos.

Ugio Caamanho podería quedar en liberdade nas vindeiras semanas

Giana Gomes chegou a primeira hora da mañá deste martes a Vigo. Arredor de trinta persoas recibiron á independentista na praia Tombo do Gato. Ás 20 horas deste mesmo día estaba previsto un recibimento no centro social "A Revolta" de Vigo.

Fontes de Ceivar consultadas por este xornal consideran que é moi posíbel que Ugio Caamaño poida quedar en liberdade nas vindeiras semanas da cadea, ao ter xa cumprido máis de dous terzos da condea. Porén, polo momento permanece no presidio de Valdemoro.


4,58/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: