Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Prognostica o "final" das institucións

"A función é cooperar, non subvencionar", recéitalle Romeu ás deputacións

Opina o conselleiro que non ha quedar moito para a desaparición das deputacións provinciais, ao tempo que lle pide aos entes que mentres "cooperen".

Redacción - 09:00 10/11/2008

"Se algo poden facer é axudarlles aos pequenos e medianos concellos", subliñou este domingo o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, nos micrófonos da Radio Galega. "A súa función é cooperar, e non subvencionar", dixo o conselleiro en ton crítico coa actuación destas institucións, suxerindo que algúns dos financiamentos realizados polas deputacións "son pouco transparentes".

Ademais, Xosé Luís Méndez Romeu avisoulles ás deputacións provinciais de que son estruturas que se atopan no "final" da súa existencia, polo que "mentres, deben cumprir as súas funcións", que son de "cooperación cos concellos". Romeu respondía así en concreto ás críticas chegadas ao Goberno desde desde as deputacións provinciais de Pontevedra e Ourense, onde o PPdeG ten o poder, e que se queixaran no Parlamento da presunta ausencia de implicación da Xunta cos gobernos locais.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: