Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CERCEDA LICEO 2-3 LICEO COINASA

O Liceo leva a Copa Galiza

O equipo coruñés venceu ao seu filial nun encontro igualado que se resolveu no tempo engadido.

Redacción - 11:36 06/11/2008
O Liceo volverá a pensar na liga a partir de agora

O Liceo volverá a pensar na liga a partir de agora

O pavillón Fernando González Laxe, en Cerceda, foi lugar elixido para a celebrar a festa do hóckey galego, na que o poderoso Coinasa Liceo da Coruña venceu ao seu filial, o Cerceda Liceo. A final da Copa Galiza deparou un encontro intenso, no que predominou unha igualdade que se mantivo até a prórroga.

O encargado de colocar o definitivo 2-3 no marcador foi Pablo Álvarez, que se especializou durante esta Copa na realización do gol definitivo. Se nas semifinais eliminou ao CIFA Patín cun forte disparo cruzado a falta de tres segundos para terminar o encontro, na final foi autor do gol de ouro que deu o trofeo aos coruñeses.

Agora toca volver á rutina ligueira. Os coruñeses militan na Ok Liga e os de Cerceda na Primeira División. O Liceo, actualmente cuarto na clasificación, recibe a visita do Lérida na novena xornada da Ok Liga. O Cerceda, pola súa parte, lidera con autoridade a Primeira División.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: