Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
II Copa Cantábrica de Billarda

A Auténtica retén a Copa Cantábrica fronte a unha poderosa Asturies

Velaquí vai a crónica completa do acontecido este domingo en Piyarnu, enviada pol'O Varal.

Asociación O Varal - 18:09 28/10/2008
Os dous equipos saltando ao terreo de xogo

Os dous equipos saltando ao terreo de xogo

Faltan palabras para describir todo o acontecido na pista polideportiva de Piyarnu, durante esta II Copa Cantábrica. Un ambiente digno das grandes ocasións recibiu a machetadores e palanadores, dispostos a realizar cadansúa danza de guerra baixo o amparo das bandeiras, antes de iniciar a sempre encarnizada loita.

Se foi difícil pór en marcha a maquinaria desta competición internacional, que racha moldes e fronteiras, máis difícil é mantela co pulso intenso co que se seguiu a 2º edición. Piyarnu foi o nacemento de moitas cousas. Alí naceu a furia asturiana, con xerme no barrio Avilesino do Quirinal, que se espalla dende as Bárzanas a Gozón , pasando polo barrio da Lluz para chegar até Teverga e ameazar xa con instalarse en Xixón e Uvieu.

Outra das cousas que se fraguou no cemento de Piyarnu foi a necesidade imperiosa dunha emisión en tempo real para que o pobo teña novas do pulso vital da Auténtica, e chimpar así por riba do boicot informativos ó que estamos sometidos. É por iso que radioceánico Sak se deslizou até a brava ondada cantábrica de Piyarnu, para narrar nos espectaculares petiscos dixitais do varalmorse.pt o encontro da Auténtica.

En Uvieu estivo Carlos Suari, formando parte dun numeroso continxente de apoio dentro do que estaba o gaiteiro oficial da selección Asturiana. Este interpretou o himno astur, despois de que a Auténtica interpretara, na figura do polifacético Daniel, o queixumes dos pinos, cos puños erguidos dos palanadores e palanadoras.

Os dous setos simultáneos remataron empatados a 1 , nesta final a cinco carreiras. Galiza pechou o internacional vencendo nas tres primeiras con 2 varados, un de Victor e outro de Daniel. A tensión apoderouse do estadio e mesmo houbo algunha impugnación ao resultado. É por iso que abrimos o noso correo, por se alguén quere facer algunha valoración do acontecido en Piyarnu, que será publicada para o seu coñecemento público.

Dende a Plataforma Copa Cantábrica queremos acordarnos de todos aqueles que, por diversos motivos, non puideron estar, como foron: Delmi, Marcos, O´Zidane, Markitos, Luisa ou Chema, entre outros. Malia non poder estar fisicamente sobre a pista estiveron igual con todos nós.

Dende a Plataforma de xestión da Auténtica (PxA) tamén queremos agradecer o compromiso de todolos seleccionados e o seu excepcional comportamento cos nosos irmáns da selección asturiana. Se na 1º edición foi David, dos Filloas de sangue, quen se atreveu a rachar o xeo integrándose na perigosa expedición da Auténtica en terra astur, esta vez foron Xosé Miguel de Moaña e Iván de Arousa os que desafiaron as raias continuas, para sentir en carne propia o poder e orgullo infinito de vestir a camisola da Auténtica.

Andrés, dos Remourelle Bulls, fíxose co famoso Lacón Cantábrico. Despois do espectacular xantar en Casa Orosia das Bárzanas o Bar Timo, en Avilés, foi a parada final das dúas seleccións. Despois, o retorno no autobús da LNB, para afrontar unha apaixonante fin de semana con Abertos no horizonte. Moi atentos porque TELE-VARAL prepara o sempre maxistral audio-estalo, co que tod@s volveremos a arrebolarnos á máxica pista de Piyarnu. Puxa a imparábel revolución do Liriu , Adiante a imparábel revolución billardeira!!

MARCADOR: ASTURIES: 1 SETO / GALIZA: 2 SETOS


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os dous equipos escoitando o himno
Os dous equipos escoitando o himno
Imaxe do encontro
Imaxe do encontro
Tal e como adoita acontecer nas competicións máis mediáticas, o final do partido estivo rodeado de polémica
Tal e como adoita acontecer nas competicións máis mediáticas, o final do partido estivo rodeado de polémica