Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A GALIZA INVISÍBEL

Exhibir a bandeira galega nunha proba internacional de triatlón ten multa

O presidente do comité técnico da Federación Internacional, o madrileño Enrique Quesada, ameazou en 2006 con penalizar a Gómez Noya se atravesaba a meta coa bandeira. A prohibición aínda está vixente.

Redacción - 19:00 23/10/2008

A ITU, o máximo organismo internacional de triatlón, non permite baixo ningún concepto a presenza de bandeiras non oficiais nas súa probas e campionatos. O presidente do Comité Técnico, o madrileño Enrique Quesada, aplícase con todas as súas forzas para evitar a presenza destes símbolos. Segundo puido saber Vieiros, esta actitude de Quesada ten provocado momentos de gran tensión coa propia Federación Galega de Triatlón.

O máis relevante de todos tivo lugar o 5 de novembro de 2006. Naquela data, Xavier Gómez Noya proclamábase campión da Copa do Mundo de Triatlón por vez primeira. Na ITU, sabedores de que o ferrolán tiña todas as bazas para gañar esa xornada, advertíronlle que non podía entrar na meta coa bandeira do noso país, tal e como tiña previsto. Logo dunha forte discusión entre representantes da Federación Galega e Quesada, este último ameazou con retirarlle o premio económico ao deportista (seis mil euros). Os galegos desistiron da súa intención inicial e sacaron a bandeira unha vez rematada a proba.

Villanueva confirmoulle a Vieiros a existencia de diverxencias entre a Federación Galega e a ITU por este motivo. O presidente da Federación Galega considera que todo o conflito ten que ver co exceso de celo que sempre amosa o xuíz madrileño Enrique Quesada, “especialmente obsesionado coas bandeiras galega, catalana e vasca”.


4,95/5 (42 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: