Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓN DO PP

Ruíz Rivas: "Que o BNG apoie os orzamentos non é noticia"

O voceiro parlamentario popular afirmou que o apoio nacionalista non beneficia a Galiza, senón unicamente ao Bloque.

Redacción - 13:38 18/10/2008
Tags: orzamentos

Ruiz Rivas considerou que o apoio do BNG ao Presupostos Xerais do Estado "non é noticia", xa que levan apoiado todos os orzamento de Zapatero. Para o PPdeG, o BNG consolidase como "cómplice do retraso das infraestruturas de Galicia" e actúa como "cómplice e compañeiro necesario de Zapatero, cuns presupostos que consagran máis paro p ara Galicia e para o conxunto de España". "O que salva o BNG é a moqueta de San Caetano, o resto é unha comedia que estaba anunciada", dixo.

Sobre o proxecto de orzamentos galegos, aprobado o xoves polo Consello da Xunta, o voceiro parlamentario do PPdeG estima que, "logo de unha lexislatura perdida", o Goberno de Touriño carece da credibilidade necesaria para sacar adiante un presuposto que responda ás necesidades de Galicia, e cando nin sequera foi capaz de executar satisfactoriamente os tres orzamentos que leva xestionado.


1/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: