Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO ENTRE SOCIALISTAS E NACIONALISTAS

O goberno español comprométese a crear a subcomisión de infraestruturas

O principio de acordo entre PSOE e BNG tamén contempla a maiores 125 millóns de euros máis e a aceleración do traspaso de competencias.

Redacción - 18:30 17/10/2008

Até o último minuto. A negociación entre PSOE e BNG para lograr o apoio desta última forza aos orzamentos estatais foi especialmente dura. En materia económica, o executivo Zapatero comprométese a aumentar en 125 millóns de euros os investimentos territorializados (no borrador inicial contemplábanse 2.020 millón). Ademais, os nacionalistas forzan a creación, antes do 15 de decembro, da subcomisión de seguimento das infraesturas galegas, no seo da Comisión Bilateral Xunta-Estado.

En canto á Lei da Dependencia, o goberno de Zapatero comprométese, segundo Francisco Jorquera, a “asegurar que as políticas de dependencia estean suficientemente dotadas a nivel financieiro, e que as medidas a adoptar ao respecto partan dos principios de estabilidade financeira, suficiencia e respecto ás competencias autonómicas”. Por último, no principio de acordo tamén se estipula que se van efectivizar, antes de mediados de decembro, os traspasos de competencias pendentes acordados hai xa un ano.

Logo de coñecerse o acordo, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, mostraba a súa alegría e sinalaba que “agora é Galiza a que protagoniza a política do Estado e a que dá estabilidade”. Quintana subliñou a imporancia de que se garanta (coa subcomisión) que os investimentos se van executar e que se mellora en autogoberno: “Hoxe Galiza é máis país ca onte”.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: