O temor á recesión fixo que os principais mercados europeos rexistrasen perdas de entre un 5 e un 7%. O pesimismo tamén volve a Wall Street.
Aínda que moitos expertos aseguran que os os poderes públicos xa puxeron os alicerces para encarreirar a crise financeira, o certo é que as bolsas viviron este mércores unha xornada marcada por perdas acentuadas. O medo á recesión mundial nótase nese termómetro especulativo. Así, o Ibex 35 español viviu un dos peores días do ano cunha caída de algo máis dun 5%. Frankfurt deixou 6,4 puntos, París 6,6 e Milán 5,3. Peor foi o acontecido en Londres onde as perdas foron dun 7,16%. Ao outro lado do océano, Wall Street comeza a xornada tamén con perdas.
Ampliar información:
The Independent: Fears send London shares crashing
Le Monde: Wall Street et les Bourses européennes en nette baisse